Ruth Varela fala de arquitecturas efémeras na rúa en contra da monumentalidade
FLU-OR realiza a arquitectura efémera de Tribuna Pública
O comisario do proxecto Juan de Nieves precisaba un símbolo da "democratización da democracia"
Gutier de la Torre asina unha plataforma na Galicia Design Week que detén o tránsito para o disfrute da cidadanía
A arquitectura pode crearse desde puntos de partida tan distintos como as necesidades que se lle plantexan. E ollo porque, ás veces, o obxectivo non é perdurar no tempo. Tamén necesitamos da arquitectura efémera e disto fálanos hoxe Ruth Varela, a nosa colaboradora especialista en arquitectura. Entre os proxectos seleccionados: o pavillón efémero realizado para a iniciativa de acción social e cultural Tribuna Pública polos arquitectos Juan Salgado e Luis Santalla de FLU-OR arquitectura, xunto á arquitecta Alba González, a montaxe efémera para a Galicia Design Week do mesmo estudio e a do estudio de Gutier de la Torre.