Cargando resultados...
'Rosalía nos barrios', un fanzine para actualizar o legado de Rosalía
O poemario, en formato fanzine, Rosalía no barrio inclúe os versos dunha vintena de poetas galegos
O obxectivo é achegar a obra de Rosalía de Casto a barrios da cidade
Coa colaboración da Casa de Rosalía, fixeron un xantar onde recitaron algúns poemas
G24.gal
23/02/2024 14:42
Última actualización 23/02/2024 16:31
Rosalía no barrio é un proxecto que trata de achegar a obra de Rosalía de Castro a veciños de Lugo. No proxecto, coordinado dende a Galería Solaina, participan unha vintena de poetas galegas que, partindo dun verso de Rosalía de Castro, crearon os seus propios.