Roi Salgueiro: "Buscamos o 'ecolibrio' entre a construción e os recursos dun lugar, entre ecoloxías e economías"
Roi Salgueiro: "Buscamos o 'ecolibrio' entre a construción e os recursos dun lugar, entre ecoloxías e economías"
O coruñés Roi Salgueiro é arquitecto e urbanista e profesor na Universidade de Massachusetts
A súa proposta constrúese arredor dunha palabra que non existe, ''internalities", pero que representa a redución das emisións no ámbito da construción
Destacarán en Venecia a relación entre a produción de madeira e a xestión dos bosques coa arquitectura
Esta próxima fin de semana da comezo en Venecia a exposición de arquitectura máis importante do mundo, a Bienal. E nesta ocasión dous galegos Roi Salgueiro e Manuel Bouzas teñen un protagonismo especial, son os comisarios do Pavillón Español.
A súa proposta en Venecia pretende explorar estratexias para a descarbonización da arquitectura conxugando a ecoloxía coa economía. Unha aposta que ten moito que ver coa produción de madeira e a xestión dos bosques.