Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rodaxe do filme 'San Simón' e estrea da curta 'Histeria do meu pequeno mundo', con Begoña Vázquez

Rodaxe do filme 'San Simón' e estrea da curta 'Histeria do meu pequeno mundo', con Begoña Vázquez

Comeza a rodaxe do filme de ficción 'San Simón' sobre os represaliados na illa pontevedresa

'Histeria do meu pequeno mundo' é a última curta de Pablo Fontenla

Na cartelera 'How to have sex', un filme sobre o consentimento sexual 

G24.gal 14/03/2024 14:51 Última actualización 14/03/2024 17:32

O filme de Miguel Ángel Delgado San Simón, recrea o pasado da illa como campo de concentración e exterminio durante o franquismo. En sete anos (do 36 ao 43) pasaron por esa cadea 6.000 presos e contan as crónicas que foi un dos campos máis temidos polos presos republicanos, porque o que lograba escapar da morte a tiros e sen xuízo previo, vivía sometido a situacións tan insalubres e inhóspitas que as taxas de mortalidade eran altísimas. A produtora de O que arde e O corno está atrás desta película. 

A última curtametraxe de Pablo Fontenla chámase Histeria do meu pequeno mundo e estréase mañá na sala Numax de Compostela. É unha reflexión sobre a intelixencia artificial e o poder das máquinas, que parte dun relato de Isaac Asimov. 

Das estreas da semana Begoña Vázquez escolleu a británica How to have sex, onde tres adolescentes que viaxan a Grecia coa intención de vivir “o verán das súas vidas”. A directora Molly Manning  propón un discurso feminista e reivindicativo, e usa esta película case como terapia persoal, xa que está baseado na súa propia vivencia. É unha fita sobre o consentimento e o pracer femenino, pero tamén sobre o que está en xogo a esas idades.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos