Cargando resultados...
Roberto Pascual, sobre '3240', unha autoficción para xente que aínda confía no amor
Mitomanía, Nick Cave e redes sociais na última montaxe de Déborah Vukusic, 3240
A peza viaxa pola acústica íntima e ecléctica de pianos, guitarras eléctricas, percusión e as voces dos protagonistas
Na montaxe tamén interveñen Cristina Moreira na dirección e Jesús Andrés Tejada na música
G24.gal
22/02/2023 15:42
A admiración por Nick Cave é o que inspira o última obra de teatro da actriz e poeta Déborah Vukusic. Seguidora do músico australiano, Vukusic constrúe un espectáculo que fala dos mitos, das fantasías e das redes sociais. Ela defíneo como un acto psicomáxico. Terá representacións o 18 maio no Auditorio Gustavo Freire de Lugo e o 9 xuño no Teatro Jofre de Ferrol.