Cargando resultados...
María Santiso: curta, filme e falso documental con Roberto Alvite e Lucía Veiga
Alvite rematou de rodar un falso documental que conta como foi feita unha fictícia película de zombis
Na orixe do proxecto está unha curtametraxe sobre a soidade e o rural protagonizada por Lucía Veiga
'As tres outras vidas de Maria Santiso' está en fase de montaxe para estreala no 2024
G24.gal
11/06/2023 11:30
Última actualización 08/06/2023 17:04
Un documental vainos contar o proceso para rodar unha película que non existe. A historia do cine conta con varios falsos documentais que tiveron excelentes acollidas e que a través desas historias, non reais, afondaron noutras temáticas.
En Galicia xa esta rodado e en fase de montaxe o falso documental As tres outras vidas de Maria Santiso, abordamos o xénero hoxe no Zigzag co director Roberto Alvite e a actriz Lucía Veiga.