Publicador de contidos

Publicador de contidos

Relectura contemporánea da figura esquecida do compositor Luís Taibo

Relectura contemporánea da figura esquecida do compositor Luís Taibo

Luís Taibo (1877-1954) traballou na hibridación de diferentes estilos musicais e nunca perdeu a esencia galega pese a vivir en Latinoamérica

Compuxo suites sinfónicas, perzas para piano e musica coal e de cámara entre outras obras

Rosalía Gómez Lasheras, Abe Rábade e Alejandro Vargas xúntanse para recuperar a figura de Luís Taibo 

G24.gal 09/05/2025 14:39 Última actualización 09/05/2025 16:16

Rosalía Gómez Lasheras, Abe Rábade e Alejandro Vargas, tres pianistas, cada un cunha sólida traxectoria internacional e un estilo propio, xúntanse para recuperar a música do compositor santiagués Luis Taibo.

Médico e pianista, Taibo comezou a súa carreira en Galicia, pero gran parte das súas obras compúxoas en México, onde emigrou a principios do século XX.

Agora, mesturando jazz, electrónica e música clásica, os tres pianistas vinculados a este proxecto propoñen unha viaxe sonora e poética para revivir a obra de Luis Taibo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade