Cargando resultados...
High Paw, ST e Temible Olivina, rapeiras galegas nas músicas do Zigzag
ST publica o seu novo tema, Chiza demo, coas bases de Peter Petrowski
Temible Olivina lánzase como rapeira coa canción Esterco
Hig Paw presenta o seu EP Steven Mayor na gala Cultura contra a barbarie en apoio ao pobo palestino
G24.gal
24/01/2024 14:43
Última actualización 24/01/2024 16:48
Marta Gómez escolma tres rapeiras galegas: as irmás ST e Temible Olivina, dende As Neves, reivindican o "rap do monte". Cada unha no seu estilo, tamén comparten micro en Flow de Toxo e están a preparar un disco conxunto.
Hig Paw, dende Vigo e máis achegada aos ritmos xamaicanos, lanza o seu novo EP, Steven Meyor, con dous temas nos que fala da industria discográfica e tamén dos seus vínculos familiares.