Cargando resultados...
Quico Comesaña volve aos escenarios con 'Mãe'
Quico Comesaña volve aos escenarios con 'Mãe'
O músico vigués levaba varios anos de retiro tras o seu paso por Berrogüetto
Presenta o seu primeiro disco en solitario este venres no Teatro AFundación de Vigo
G24.gal
08/06/2023 14:55
Última actualización 08/06/2023 16:22
Un dos gañadores dos premios Martín Códax da música galega este ano foi Quico Comesaña, no apartado de mellor artista galego na categoría de folk. Un premio que chega cun novo traballo discográfico despois de anos con problemas de saúde. Falamos con el antes do seu concerto en Vigo, mañá venres, no Teatro Afundación.