'Punctum', unha punzada no corazón da banda deseñada galega
A punzada que atravesa o noso corazón ao ver unha imaxe, o Punctum, dálle o título a esta exposición que conecta a banda deseñada coa arte contemporánea
Estes beliscos de BD pódense visitar ata o 16 de xuño no Auditorio de Galicia, en Santiago
Mulleres en cadriños é un proxecto coordinado por Neves Rodríguez que quere resituar a banda deseñada con diferentes actividades, e mesmo unha mostra, que baixo o título Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega, leva ao espazo da arte contemporánea o cómic de varias millennials que agromaron darredor dos fanzines.
Seis mostras individuais perfectamente diferenciadas: 'Nós seis' de Julia Lago, 'Micro Algas' de Xulia Pisón, 'El Cuerpo de Cristo' de Bea Lema, o animismo de Pepa Prieto Puy, o delicado traballo de Uxía Larrosa e a estética underground de Maru Astray.