"Por favor, levádeme a urxencias, que me estou queimando vivo por dentro"
O vigués que se queimou bebendo un grolo de auga conta a súa historia, cando aínda non se sabe que substancia produciu o accidente
Os berros de dor de Pablo escoitábanse ás portas do hospital. Pero el pouco recorda dese día.
Fora xantar fóra cuns amigos e despois de dar un grolo a unha auga con gas sentiu como se queimaba por dentro.
Pasou máis de dúas semanas ingresado no hospital debido ás queimaduras internas que o líquido lle provocou. Dezaseis días alimentado por vea e, por diante, un longo camiño para a recuperación.
A investigación policial segue aberta e as análises químicas serán determinantes para saber que puido pasar.
A colaboración do restaurante e da empresa embotelladora da auga é total. Todos queren esclarecer o que consideran un fatal accidente. Evitar que se volva repetir é o máis importante para a vítima.