Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Pensión incompleta', primeira serie que incorpora os catro idiomas oficiais de España

'Pensión incompleta', primeira serie que incorpora os catro idiomas oficiais de España

A coprodución da CSAG e as cadeas públicas de Euskadi e de Cataluña quere reflectir a naturalidade da convivencia lingüística

É unha road-movie cun crime que desvelar e moita comedia

G24.gal 18/11/2025 14:52

Pensión incompleta vai ser unha comedia de seis capítulos, sobre un non tan inxenuo grupo de xubilados sospeitosos do roubo de dúas obras de arte.

"Cren que hai un ladrón entre eles, que deixa unha paxariña no lugar onde rouba, o mesmo que facía outro trinta anos atrás. E nesa excursión meten un ertazaina e unha mosso d'esquadra, que fan de pai e filla", conta o actor Luís Iglesia.

Joseba Apaolaza dinos que a súa  personaxe "é un ertazaina a punto de se xubilar, ao que lle xorde a oportunidade de atopar o famoso merlo branco, un ladrón que se lle escapara anos atrás"

O vencello dos actores galegos, vascos e cataláns co territorio, e a cooperación dos equipos técnicos e de guión, son tamén unha oportunidade para a convivencia lingüística.

"A iniciativa xurdiu entre o grupo de compañeiros de FORTA que temos linguas oficias e pensamos a pensar que era importante e necesario facer un proxecto común", explica Montse Besada, xefa de Contidos da CSAG

Giselle Llanio, a directora, e Fernanda Tabarés, a produtora executiva, destacan que é unha serie necesaria, que ofrece moitas capas de reflexión, sobre a naturalidade da convivencia de idiomas pero tamén sobre a imaxes dos maiores de 60 ou das segundas oportunidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade