Cargando resultados...
Exeria dende Ponteareas, grunge en galego para fuxir da toxicidade
Exeria é unha banda con base en Ponteareas cuxos integrantes levan lustros na música
A produtora audiovisual Trece Amarillo fixo o último clip da banda, A Costa de Frades
Exeria ten unha apertada axenda de concertos: os deste mes son en Salceda, Ourense e Santiago
G24.gal
12/04/2024 14:33
Última actualización 12/04/2024 16:17
Exeria ten unha axenda chea de concertos porque o que queren, na forma e no fondo, é tocar. Unha necesidade convertida en vicio saudable. Teredes oportunidades para velos este ano nas catro provincias. A máis próxima, este domingo, en Salceda. A escusa? A xira de presentación do seu primeiro EP; titulado Sobre a independencia.