Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Origami. De papel a obra de arte': papiroflexia no Museo de Pontevedra

'Origami. De papel a obra de arte': papiroflexia no Museo de Pontevedra

As obras proceden da Escola Museo Origami Zaragoza, un dos poucos museos de papiroflexia do mundo

A mostra pode visitarse ata o 23 de xaneiro

G24.gal 18/01/2022 21:24

Entrar estes días no Museo de Pontevedra é atopar todo un mundo de papel. De papel, de paciencia e de arte. De origami, a arte tradicional xaponesa de pregado do papel. 

As obras proceden da Escola Museo Origami Zaragoza, un dos poucos museos de papiroflexia do mundo, que nunca fixera unha exposición semellante fóra da súa cidade. 

Aquí percorremos a habilidade de darlle a un papel a forma de determinados seres ou obxectos.

A mostra ofrece traballos que van dende os modelos tradicionais, de antes do século XX, elementais, de síntese expresiva, ata o origami xeométrico e ata o non origami, con materiais distintos pero coa mesma técnica. E pasamos tamén por auténticos ballets de papel.

Esquécese un por momentos de que isto é papel. Papiroflexia de uso cerimonial, recreativo, matemático, educativo, artístico. 

Pasamos polo origami orgánico, que imita formas da bioloxía ou da xeoloxía, de maneira precisa ou vaga, só en engurras e cor. Pasamos polo origami hiperrealista, por personaxes coñecidos. 

Un dos grandes impulsores do origami no século XX foi Miguel de Unamuno. Ben sabía el que a poesía pode brotar do papel aínda que non haxa palabras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar