Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda acompaña a Rajoy na presentación do libro que repasa os seus 40 anos na política

Rueda acompaña a Rajoy na presentación do libro que repasa os seus 40 anos na política

"A un extremista non se lle pode opoñer outro", dixo o expresidente do Goberno

Rajoy fará un cameo no vídeo de Nadal de Rueda

G24.gal 04/12/2025 20:57 Última actualización 04/12/2025 21:12

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy presentou o seu último libro en Santiago, a súa cidade natal. En 'El arte de gobernar' Rajoy reflexiona sobre os seus corenta anos na política.

O expresidente defendeu que a democracia retrocede cando se critican os xuíces, asegurou que en política é clave elixir ben os tempos e alertou contra os populismos. A Rajoy presentouno o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que contrapuxo a xestión que fixo Rajoy coa de Pedro Sánchez.

“Ten unha traxectoria impresionante. Non creo que haxa neste país a dun político que poida igualar á do presidente Rajoy. E dígoo, aparte do que puido facer en cada posto, porque pasou por todos”, argumentou, antes de relatar os seus distintos cargos ata chegar a presidente do Goberno.

Rueda, que en “datas sinaladas” fai camiñadas con Rajoy, insistiu en que a súa forma de facer política é unha guía para o seu propio proceder.

“O seu legado mellora cos anos como o bo viño”, exemplificou, para engadir deseguido: “Cada día queremos telo máis preto”.

Rueda, revelou este xoves que o expresidente do Goberno Mariano Rajoy fará de novo un cameo no vídeo de Nadal dos populares galegos, como xa ocorreu nos últimos anos.

“Camiñar xunto a persoas como Rajoy é garantía dun bo destino”, sentenciou, antes de responder á pregunta que lle formulara ao comezo do acto a xornalista que o conducía: Rajoy fará un cameo no seu vídeo de Nadal do partido. “Acabamos de gravalo”, recoñeceu, entre risas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade