'Operación Marea Negra' chega ao seu final hoxe e mañá nas pantallas da TVG
O final de 'Operación Marea Negra' emitirase este luns e martes a partir das 23.10 h
Xa sabemos que a realidade adoita superar a ficción. Este é o caso de 'Operación Marea Negra', a maior operación contra o narcotráfico galego en que se interceptou o primeiro submarino dedicado a este fin na costa galega. Entre hoxe e mañá coñeceremos o desenlace desta serie na Televisión de Galicia.
A historia dos tres homes a bordo deste narcosubmarino que cruza o Atlántico chega á súa fin.
Historia real de 2019 en que detiveron tres homes e se incautaron de 3 toneladas de cocaína.
Baseada na maior operación contra o narcotráfico nas costas de Galicia, esta produción galega achéganos unha das historias máis surrealistas acontecidas no mundo do narcotráfico.
Vinte e oito días de tensión e máis de nove mil quilómetros separan as tres toneladas de cocaína do seu destino.
O final de 'Operación Marea Negra' emitirase este luns e martes a partir das 23.10 h
O que comezou en Galicia, rematará en Galicia! Entre hoxe e mañá, atentos porque coñeceremos o desenlace desta insólita historia.