Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Chepas foi detido en Carballo por terceira vez en mes medio

O Chepas foi detido en Carballo por terceira vez en mes medio

Ten unha orde de entrada en prisión inmediata por revogación da liberdade condicional

Marta González Salve 01/03/2022 14:31

Contra as 4 da tarde a Garda Civil iniciaba unha persecución por rúas dunha zona urbana de Carballo onde interceptaron a José Antonio Amado Botana, máis coñecido como o Chepas.

Segundo consta na base de datos das forzas de seguridade, carece de permiso de circulación.  
Ademais, procederon ao seu arresto, xa que sobre el existe desde o 10 de febreiro unha orde de ingreso en prisión inmediata ditada polo Xulgado de Vixilancia Penitenciaria número 1 da Coruña, por revogación da liberdade condicional.

O de onte é o terceiro arresto en mes e medio de José Antonio Botana. O primeiro foi a mediados de xaneiro, cando o relacionaron cunha serie de roubos na Laracha e Berdillo perpetrados entre novembro e decembro.

Só 15 días despois foi arrestado xunto á súa parella tras unha persecución entre Carballo e Coristanco a máis de 160 km hora e tras provocar un grave accidente de tráfico.
Nos dous casos quedou en liberdade á espera de xuízo.

Tras ser arrestado onte foi posto a disposición do xulgado de garda para determinar o seu ingreso no penal de Teixeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade