Cargando resultados...
"O Celta é un equipo ofensivo e con moito talento", recoñece Xavi
O Barcelona tenta asegurar a segunda posición na Liga
G24.gal
09/05/2022 22:01
Andan contentos no Barça. A recuperación de Ansu Fati para a causa culé, gol mediante, e asegurar a Champions coa vitoria contra o Betis, levantaron o ánimo dos de Xavi. Busquets non estará ao arrastrar unha sanción. Sergi Roberto, Nico e Pedri tamén son baixa para o Celta por lesión. Xavi terá que improvisar un medio campo novo para defender a segunda praza na clasificación.