Publicador de contidos

Publicador de contidos

Noelia Gómez: "Quixen poetizar o desenfoque e buscar o sublime dentro da dor"

Noelia Gómez: "Quixen poetizar o desenfoque e buscar o sublime dentro da dor"

O segundo poemario de Noela Gómez, editado por Apiairo, parte da doenza física, da enfermidade, desde o individual ao colectivo 

'Desenfoque' é un canto á distorsión, unha escrita consciente sobre a fraxilidade do corpo e do entorno que o rodea

As primeiras notas deste libro comezaron hai seis anos, despois de que a autora sufrira varias intervencións sobre a cornea

G24.gal 17/02/2025 15:23 Última actualización 17/02/2025 16:41


Alguén agarra as miñas mann e pronuncia o frío /
di que pense en algo fermoso/
imaxino a escrita

este é o inicio

Son estes versos de 'Desenfoque', o último poemario de Noelia Gómez editado por Apiario. Un libro onde as fracturas e a memoria son xeitos de nomear a perda. Porque Noelia Gómez toma a man da cirurxiá e atravesa o proceso da escrita. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade