Cargando resultados...
Montedapena: "Síntome vulnerable con este proxecto musical e gústame"
Montedapena é un proxecto no que conflúen desde o pop das últimas décadas ata a música electrónica
No disco, dez cancións con letras en galego, castelán e catalán sobre temas que conectan co sentir da súa xeración
Próximos concertos: 14 de marzo na Sala Riquela, Santiago; o 28 na Sala Jagger, Lugo, e o 12 de abril no Café Torgal, Ourense
G24.gal
20/02/2025 14:51
Última actualización 20/02/2025 16:59
Monte da Pena é un alto na península do Morrazo. Un lugar con vistas ao mar no que predomina o verde e é tamén o novo proxecto musical de Héctor Rodríguez, que acaba de presentar un disco homónimo co selo Ernie Records.