Cargando resultados...
Mónica Caldeiro: "A violencia humana é diferente a da natureza, e iso trasládase á linguaxe"
'Estudo sobre o voo dos corzos' é o primeiro libro da autora en galego despois dun fondo proceso de volta á lingua materna
O poemario é unha disección da beleza vulnerable, unha análise da violencia na cultura humana e na natureza
G24.gal
12/05/2025 14:36
Última actualización 12/05/2025 16:32
"Podemos fuxir dunha brutalidade que xa é de noso? Como aprehender desde unha linguaxe colonizada?".
Desde estas preguntas xorde a procura cara á recuperación e os versos de 'Estudo sobre o voo dos corzos'. Un libro que cuestiona as parcelas impostas desde fondo e desde a forma. A linguaxe, a relación dos humanos co natureza e a poesía como territorio de liberdade E as preguntas que quedan no aire. Podemos fuxir dunha brutalidade que xa é de noso?