Cargando resultados...
Mondra: "O disco son 11 estados do corpo que celebran a mocidade, o comunitario e o amor propio"
'De Ronda' son 11 temas máis irreverentes que falan de facer as beiras, da sexualidade, do amor propio ou da celebración
Na producción o Hevi
Nos concertos da Capitol acompañarao unha banda con Artur Puga, Julia Sánchez-Biezma, Xabi Gómez e Saínza Piñeiro
G24.gal
05/05/2025 13:57
Última actualización 05/05/2025 16:46
"Unha noite por te ver
desatei un animal
e voltou para me morder
quíxeno domesticar"
Así comeza 'Por te ver', un dos temas que compoñen o novo disco de Mondra, que está só a unhas horiñas de estrearse. 'De ronda' preséntase ao vivo o venres e sábado na Sala Capitol. Mondra ponse máis sedutor ca nunca e promete cantar ata enrouquecer. Tradición, identidade, provocación, moita quentura e amor, sobre todo, amor propio.