Miguel Ángel Delgado: "Queriamos unha especie de película escrita que se sentira como un relato de memoria"
Miguel Ángel Delgado: "Queriamos unha especie de película escrita que se sentira como un relato de memoria"
'San Simón' recolle a historia do campo de concentración que foi a illa durante case sete anos no franquismo
O filme conta a historia desde os presos cun elenco de actores profesionais xunto a familiares dos presos
Trala estrea no festival de San Sebastián e o premio no OUFF, 'San Simón' chega agora nos cines
Imos situarnos agora en outubro do 36. O réxime franquista creou máis de 300 campos de concentración por toda España: conventos, fábricas, escolas ou illas, como a Illa de San Simón. O antigo lazareto albergou ata 6.000 presos nos case sete anos que foi campo de concentración. Medo, represión e morte. É a historia que nos conta no cine, na súa ópera prima Miguel Ángel Delgado, mesturando ficción e memoria.