Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		MICE 2023, a tensión entre o rural e o urbano nas pantallas
‘Malgrat’, de Santi Teijelo, acadou o premio do público
O xurado premiou a ‘Tolyatti Adrift’, un filme de Laura Sisteró
Ainhoa Rodríguez foi a protagonista da sección Impropias
                
                    
                        Fotograma de Tolyatti Adrift
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            20/03/2023 16:14
                        
                        
                                Última actualización 20/03/2023 16:45
                        
                        
                    
                    A Mostra Internacional de Cine Etnográfico, organizado polo Museo do Pobo Galego, cumpriu a maioría de idade. Nesta edición número dezaoito, o gañador da sección internacional foi Tolyatti Adrift, de Laura Sisteró.
Na sección dedicada aos traballos galegos, o premio recaeu no filme documental Al otro lado del Mar, do galego Eloy Domínguez e o colombiano Samuel Moreno. O recoñecemento do público foi para a estrea de Malgrat, de Santi Teijelo.
 
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
        