Estrea en cine de 'Mi ilustrísimo amigo', inspirada na historia de amor entre Pardo Bazán e Pérez Galdós
Estrea en cine de 'Mi ilustrísimo amigo', inspirada na historia de amor entre Pardo Bazán e Pérez Galdós
Dirixida por Paula Cons, tivo unha boa acollida nos festivais, con varios premios
Está baseada nas cartas intercambiadas entre os dous escritores
O balneario de Mondariz foi o escenario do romance
Emilia Pardo Bazán, muller libre e anticonvencional, considerada a mellor novelista española do XIX e unha avanzada do seu tempo, mantivo unha longa relación con Pérez Galdós, que pasou da admiración á paixón amorosa.
As máis de 90 cartas publicadas pertencentes á autora galega -menos unha, que pertencía a Galdós-, supoñen un testemuño histórico, literario e persoal da relación que lles unía e serviron a Cons como material para unha película que "comezou sendo un encargo para televisión" pero que foi crecendo cada vez máis.
'Mi ilustrísimo amigo', estréase este venres en salas de Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo e Ferrol. Está interpretada por Lucía Veiga no papel de Pardo Bazán e Paco Déniz no de Galdós.
O filme, que se estreou no Festival de Cinema das Palmas, tivo xa un gran percorrido, co premio á mellor película no Berlin Women Cinema Festival; á mellor actriz para Lucía Veiga no Festival de Cinema de Ourense; o do público a mellor longametraxe e unha mención especial do xurado no Festival de Cinema de Madrid ou o recoñecemento de mellor fotografa no Miami Women Film Festival e o Montreal Women's Film Festival.