Cargando resultados...
Marina Fernández Vivo e Luis Bolón: "En 'Efémeras' fixemos o camiño inverso: das imaxes á música"
'Efémeras' son instantáneas musicais co traballo visual de Coral Piñeiro inspirado nas fotografías de Ruth Matilda Anderson
O proxecto 'Efémeras' naceu das residencias artísticas Pazo de Mariñán
Próximas datas dos directos: 4 de maio en Noia, o 9 en Carballo e o 30 en Ortigueira
Marina Fernández Vivo e Luis Bolón, dos Cantometrics
G24.gal
02/05/2025 15:04
Última actualización 02/05/2025 16:36
'Carballeiriña escura
moza solteira e honrada
rise de quen a marmura'
Esta copla cantábana as mulleres de Corcubión. En novembro de 1952 o americano Alán Lómax pasou pola vila e recolleu esta copla para un traballo que el estaba facendo. Estes versos soan de novo, agora no novo traballo de Cantometrics. Hoxe falamos del aquí no estudio con Marina Fernández Vivo e Luis Bolón.