María Xosé Porteiro: "Hai unha regresión do feminismo polos ataques do patricarcado, tras o 2018 asustamos"
María Xosé Porteiro: "Hai unha regresión do feminismo polos ataques do patricarcado, tras o 2018 asustamos"
'As benfaladas' é o novo ensaio de María Xosé Porteiro sobre feminismo
Porteiro revisa neste ensaio a presenza da voz das mulleres no espazo público
A progresión da presenza da muller no xornalismo, a escena, e a literatura e as súas pioneiras, forman parte do libro
“Non podo crer que aínda teña que levar esta maldita pancarta”. Iso dicía unha manifestante da marcha das mulleres de Toronto no 2017. Onte mesmo, as mulleres volvemos levar a pancarta, e así cada ano.
'As benfaladas' é un ensaio de María Xosé Porteiro que reflexiona sobre a voz das mulleres, analiza a súa presenza e dá alternativas para acelerar o proceso de normalización equitativa.
O ano pasado os talibáns prohibiron a voz das mulleres nos espazos públicos. Falar, cantar, ler, recitar. Unha lei condenada pola ONU, pero que se puxo en marcha.
Foi o detonante para que María Xosé Porteiro comezara a escribir este ensaio, que, en realidade, leva toda a vida escribindo.