Publicador de contidos

Publicador de contidos

María Besteiros: "Da dor pola perda perinatal non se quere falar pola súa dureza"

María Besteiros: "Da dor pola perda perinatal non se quere falar pola súa dureza"

'Ítaca' foi finalista do premio Xerais de Novela do 2024.  É a primeira novela de María Besteiros, que ata o de agora publicou poesía.

'Ítaca' revisa o mito de Penélope desde unha muller contemporánea que vive unha perda
 

G24.gal 02/03/2025 11:30 Última actualización 03/03/2025 15:56

Penélope é unha muller de 45 anos que vive co seu home Ulises e que ten un fillo adolescente, Telémaco. Penélope acaba de sufrir unha perda, ou dúas. A perda dunha vida que levaba dentro e a perda da posibilidade de dar máis vidas.

Ítaca é a primeira novela de María Besteiros, que desta volta deixou a poesía para abordar con ollos novos un mito clásico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade