María Barcala: "O teatro axúdache a ver a vida desde outra perspectiva"
A Asoc. de Actores e Actrices de Galicia premia a traxectoria da actriz, unha das fundadoras de Teatro do Atlántico nos anos 80
María Barcala pertence á xeración que impulsou o proceso de profesionalización do teatro en Galicia
María Barcala recibe este xoves 21 de marzo o Premio de Honra Marisa Soto na gala dos XXVIII Premios María Casares, no Teatro Rosalía de Castro
Foi Paquita, Natalia, Valerie, Anna. Foi Praxágoras, Nora, May, Lola, Clitemnestra, Cordelia, Neera. Foi Marly, Purificación de Chocano, Lisístrata, e na súa primeira obra O agnus dei dunha nai fixo o papel da filla. Nos últimos meses declarouse Libre coma os paxaros na pel de Rosalía.
O día 27 é o Día Mundial do Teatro e este 21 de marzo celébrase a gran gala dos Premios María Casares. Nesta festa entregarase, entre outros, o Premio de Honra Marisa Soto que distingue o labor daquelas e daquelas que levan anos loitando a prol do sector escénico. Ela leva toda unha vida. Ela, María Barcala.