Publicador de contidos
Publicador de contidos

Margarita Ledo: "Os afectos forman parte da loita pola igualdade"

Margarita Ledo: "Os afectos forman parte da loita pola igualdade"

'Prefiro condenarme' conta a historia de Sagrario Ribela Fra, unha mariscadora xulgada por adulterio en 1972

No elenco: Sagrario Ribela Fra, Nardo Beceiro Ribela, Melania Cruz, Mónica Camaño, Iria Pinheiro e Antón Lopo

'Prefiro condenarme' estrouse no Festival de Sevilla onde recibiu unha mención especial na sección Nuevas Olas

G24.gal 21/11/2024 14:44 Última actualización 21/11/2024 17:11

"Tal unha nova Antígona, Sagrario, sitúase fóra das regras e reclama o dereito á lei non escrita e reivindica, canda a desobedencia, o desexo".

Sagrario Ribela Fra é a protagonista de 'Prefiro condenarme', a nova película de Margarita Ledo Andión que mañá venres chega ás salas de cine. Todo comezou cunha conversa en que a directora escoita falar dunha mariscadora que, raño en man, lle paraba os pés ao seu marido maltratador. É a historia dunha muller pioneira que reclamaba o dereito á igualdade e ao desexo.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade