Cargando resultados...
Marcos Gendre: "Emilio José marcou unha forma diferente de ver a nosa música dende o exterior"
Marcos Gendre escolle 100 discos dos últimos 50 anos pola súa relevancia ou innovación
O libro Discoteca Atlántica. 100 Discos Galegos (1970-2020) debuxa un arco sonoro enriquecedor da nova música galega e está publicado por Galaxia
G24.gal
26/06/2022 11:30
Imaxinen ter que elixir os mellores 100 discos de 50 anos. É o que fixo Marcos Gendre, unha selección, persoal, pero rigorosa, da música de vangarda galega. Desde os 70 ata hoxe. Desde Andrés do Barro, que abre a selección, ata Xosé Lois Romero e Aliboria que a pecha. Pode haber máis pero, estes cen, son discos singulares e innovadores da nosa música que recolle Discoteca Atlántica. 100 discos galegos (1970-2020) publicado por Galaxia.