Cargando resultados...
Marcos Coll: "Eu sei de blues, pero a música tradicional galega téñoa dentro"
Nómade, o seu último disco, foi producido por Jairo Zavala, e nel fai unha viaxe por diferentes músicas do mundo
O videoclip de Nómade foi gravado na pasada edición do festival Fisterra Blues Experience
Marcos Coll en directo o 11 de maio no Teatro Colón da Coruña dentro do ciclo Maio Jazz
G24.gal
10/05/2024 16:33
Última actualización 10/05/2024 16:50
Hoxe percorreremos o mundo ao son da armónica de Marcos Coll, que nos presenta Nómade, toda unha paleta de cor para o seu instrumento que pasa polo jarocho mexicano, a morda caboverdiana ou a muiñeira galega...
O músico compostelán, residente en Berlín dende hai décadas e todo un referente na escena blues internacional, presenta estas novas cancións con banda ao completo mañá sábado no Teatro Colón da Coruña.