Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manolo González: "José Gil foi o primeiro profesional do cine en Galicia"

Manolo González: "José Gil foi o primeiro profesional do cine en Galicia"

A biografía 'Nos días encantados de agosto' rescata este precursor do audiovisual galego

O cineasta das Neves filmou unhas 155 películas entre 1910 e 1935

G24.gal 20/01/2023 13:29 Última actualización 21/01/2023 13:28

O investigador Manolo González reivindica a José Gil como pioneiro do cine galego na biografía 'Nos días encantados de agosto' que publica a editorial Galaxia. Gil, nado nas Neves en 1870, estableceuse como fotógrafo en Ourense e Vigo nos primeiros anos do século XX pero a súa verdadeira paixón foi o cine.

Camarógrafo, director, produtor e exhibidor, filmou unhas 155 películas de diferentes xéneros nas primeiras décadas do século XX: filmes documentais, cinema de correspondencia para a emigración, ficción ou noticiarios. Apenas sete desas películas se conservan a día de hoxe.

Manolo González explicou a apaixonante e tráxica peripecia vital de José Gil no seu paso polo Diario Cultural da Radio Galega e reclamou que o audiovisual do país recoñeza dalgún xeito este precursor, o primeiro profesional galego da produción de imaxes en movemento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade