Música e literatura, con Marta Gómez: Aparato, Emilio Cao e Columna Vegana
Emilio Cao recibe o Premio de Honra Martín Códax da música galega
Aparato musica poemas de Luísa Villalta para a Real Academia Galega
Columna Vega leva a Oda ao xamón de Otero Pedrayo ao punk
Hoxe entréganse os premios Martín Códax da música galega e o galardón de honra recíbeo Emilio Cao, recoñecido unanimemente pola recuperación da arpa, un instrumento esquecido ata os anos 70. El defínese como un arpista con alma de rock, e asinou un dos discos fundacionais do novo folk galego Fonte de Araño.
Os composteláns Aparato póñenlle música aos versos de Luísa Villalta en Amor dixunto un tema de electrónica soul que forma parte da banda sonora da serie documental Luísa Villalta, a rebelión da palabra, da Real Academia Galega que podemos ver tamén en agalega.gal
Columna Vegana é o último protagonista dunha Miudiño Session na que versionan a Oda ao xamón de Otero Pedrayo en versión punk. O videoclip gravouse na propia Fundación do escritor, no Pazo de Trasalba.