Luismi Rosales: "Faltan mulleres na dirección do xénero fantástico"
O director Paco Plaza, o ilustrador Tomás Hijo, Marcus Nispel, D. Peñalver e A. Balseiro recollerán o premios honoríficos
O festival programa máis de cen creacións procedentes de 26 países entre curtas e longametraxes, entre elas 17 estreas mundiais
Curtas Festival do Imaxinario, do 24 de outubro ao 2 de novembro, Vilagarcía de Arousa
Luismi Rosales, director do festival Curtas do Imaxinario
Un pianista de fama mundial perde as dúas mans nun accidente. Cando lle enxertan as novas mans, él non sabe que algunha vez pertenceron a un asasino. Este é o argumento de 'As mans de Orlac', un filme de 1925 que vai abrir o Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía.
Hoxe o director do festival, Luismi Rosales, cóntanos todo o que vai acontecer alí a partir de mañá. Na súa edición número 53 os Profundos, os monstros anfibios creados por Lovecraft e o temible Cthulhu invadirán as rúas de Vilagarcía.