Cargando resultados...
Luís Avilés: "Na rodaxe, e sen querer, gañamos un premio no Entroido ourensán "
Xa está nos cines +Cuñados, a nova entrega desta exitosa comedia
Xosé A. Touriñán, Fede Pérez e Miguel de Lira métense en novos problemas e perden un cadáver
A trama sucede en pleno Entroido ourensán, cun elenco galego e portugués
Luís Avilés, director de +Cuñados
G24.gal
20/04/2024 11:00
Última actualización 17/04/2024 17:06
As aventuras de tres cuñados metezocas e bastante dados a meterse en leas volve aos cines. O filme +Cuñados estreouse onte coa intención de volver facer un oco nas billeteiras. Os mesmos protagonistas e novo director, Luis Avilés.
Perdémoslles a pista cando quedaron cos cartos dunha trama internacional que levou a outros ao cárcere. Desta volta +Cuñados comeza cunha morte, sen querer, e un cadáver tirado na ponte internacional do Miño, tamén sen querer, por suposto.