Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lontras, Sen Senra e Zavala, nas músicas de Marta Gómez no Zigzag

Lontras, Sen Senra e Zavala, nas músicas de Marta Gómez no Zigzag

Lontras é un novísimo trío de art-pop con influencias jazzísticas

Zavala presenta a segunda parte do seu 'Pequeno manual para grandes cambios, teoría e práctica'

Sen Senra canta o seu amor a Galicia nun tema no que pecha o proxecto PO-2054-AZ 

G24.gal 30/04/2025 14:56 Última actualización 30/04/2025 17:18

Lontras é un trío inclasificable que di que compón tonadas eskisas á beira do río Lagares. Raso estudio presente 'Peixe no millo', unha canción río na que se abren a diferentes xéneros musicais. Eles son Juan Arca, Sunil López e Zalo Rodríguez.

Zavala presenta o seu novo disco, editado tamén por Ferror Records. Trátase de 'Pequeno manual para grandes cambios, teoría e práctica. Volume II'. Son catorce cancións que fan de espello as catorce anteriores do seu primeiro disco. Entre as súas influencias nomean tanto a Delafé y las Flores Azules como Sés ou Guadi Galego. Neste novo traballo salienta a súa colaboración coas cantareiras Atalaias de Caión.

Sen Senra asina unha das súas cancións máis persoais. Unicamente se pode escoitar nas súas redes socias, é un tema en Galicia onde réndelle homenaxe a súa terra e sinala aos que "queren roubar a auga dos ríos" e "pintar o verde de negro". O cantante de Forcarei pechará o proxecto PO-2054-AZ, o disco que titulou coa matrícula do coche de seu pai o vindeiro 6 de xuño.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade