Cargando resultados...
José Catoira: "En Galicia hai preto de 90 obradoiros de luthiers, moi por enriba da media estatal"
Labra quere dar a coñecer o oficio dos luthiers galegos, con tradición desde a Idade Media e cunha importante exportación internacional
Nas xornadas organízanse exposicións de instrumentos, audicións, charlas e os concertos, do cuarteto Canallla e de Tres Trastes
II Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais, 13 e 14 de abril, Santiago de Compostela
G24.gal
12/04/2024 14:49
Última actualización 12/04/2024 16:32
Fin de semana con moitas opcións. Unha delas tamén pode ser achegarse ao claustro do Instituto Rosalía de Castro en Santiago para ver de cerca, saber máis e mesmo escoitar como soan instrumentos medievais ou tradicionais. E, sobre todo, para achegarse ao vello oficio dos construtores de instrumentos.