Cargando resultados...
Jorge Lens: "É un traballo fotográfico pero sobre todo de experiencia de vida"
Corenta fotografías de Jorge Lens retratan a vida nas rúas de cidades europeas e centroamericanas
Despoxa as cidades de elementos significativos e queda coa esencia das persoas que as habitan
Me llaman calle - Jorge Lens. Ata o 27 de abril - Galería Sargadelos (Vigo)
G24.gal
05/04/2024 15:30
Última actualización 05/04/2024 16:14
Un retrato poliédrico da urbe global, coas súas xentes e as súas historias cotiás. Me llaman calle é o proxecto que o fotógrafo Jorge Lens iniciou en 2019 e que o levou a percorrer diferentes cidades europeas e centroamericanas para retratar como é a vida nas rúas.
O resultado materialízase nunha mostra que poden ver na sala de Fotografia Sargadelos ata o 27 de abril. O fotógrafo tamén inaugurou hoxe mesmo outra mostra, Escravos da nosa sombra, na Asociación Évame Oroza.