Jacobo Domínguez: "Para Plácido Castro, o galeguismo comezaba por quererse a un mesmo"
Plácido Castro foi ensaista, tradutor, poeta, xornalista e membro do Partido Galeguista. A súa faceta de pintor é a menos coñecida.
A mostra, que conta coa colaboración da Fundación Plácido Castro, reúne 82 acuarelas, debuxos ou gravados orixinais
'Plácido R. Castro. Unha Galicia Soñada', ata o 2 de marzo, no Museo do Mar de Galicia, Vigo

"O mundo enteiro esvaise… maxínome no centro das galaxias, como si navegara na interestelar friaxe, infinda: e, por un curto instante, soño que son un universo illa". Universo-illa é un dos poemas inéditos do escritor, xornalista e figura destacada do galeguismo Plácido Castro.
Agora no Museo do Mar de Galicia podemos gozar tamén da súa faceta como pintor nunha exposición que recolle máis de oitenta acuarelas súas: 'Unha Galicia soñada'.
Hoxe falamos desta mostra con Jacobo Domínguez, director da Fundación Plácido Castro.