Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúbidas no sector en relación cos zonas que non quedan acoutadas co veto da UE á pesca de fondo

Dúbidas no sector en relación cos zonas que non quedan acoutadas co veto da UE á pesca de fondo

"Hai moita incerteza catro días antes de que entre en vigor o veto", quéixanse

G24.gal 06/10/2022 11:52

O sector pesqueiro reaccionou este xoves con satisfacción pero con dúbidas ao anuncio do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, de que a Comisión Europea permitirá a pesca de arrastre en profundidades que van dos 0 aos 400 metros nos 87 polígonos do Atlántico obxecto do Regulamento de execución sobre ecosistemas mariños vulnerables.

“Lamentablemente non podemos facer un diagnóstico porque segue habendo moitísimas dúbidas e lagoas á hora de saber como e onde se aplica esta norma, e dígoo cunha alegría tremenda pola palabras do ministro, pero as incertezas seguen aí”, dixo Iván López Van der Veen, director xeral da armadora Áncora e presidente da Alianza de Pesca de Arrastre de Europa.

Con esta rectificación, na práctica todo o arrastre español vai poder seguir faenando a partir do día 9, cando entra en vigor o veto á pesca de fondo, nas mesmas 41 zonas nas que o viña facendo ata o de agora.

“Con isto queda solucionado o problema? Non. Para a frota de arrastre é un balón de osíxeno porque adoita actuar en praia, a menos fondo, porque a fondos maiores está vetada a posibilidade”, dixo pola súa banda Javier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI),

“Esperamos que a presentación do recurso poida supoñer tamén a suspensión na aplicación da norma”, engadiu Touza, segundo o cal “está en xogo a dignidade do propio sector”.

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, Basilio Otero, lamentou tamén a "incerteza" que existe no sector en relación ás zonas que non quedan acoutadas co veto da Unión Europea á pesca de fondo.

"Non temos claro cales son os puntos de referencia, de feito houbo algunha reunión entre España, Portugal, Francia e Irlanda para poñer unhas situacións comúns", dixo Otero, que lembrou que "Bruxelas mandou a situación en decimais e non sexaxesimais", que é como operan os barcos españois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade