Cargando resultados...
IGMIG: "Facémonos moita graza a nós mesmos, é a esencia da revolución"
IGMIG: "Facémonos moita graza a nós mesmos, é a esencia da revolución"
Igmig é un grupo ecléctico que mestura rock, punk, progresivo, electro ou techno
En 'Revolución' entregáronse á liberdade creativa sen ataduras con colaboracións de Menina Arroutada e Queen Rendi
A xira de presentación comeza o 1 de febreiro en Cambados. No concerto incorpórase o baterista e performer Lar Legido.
Nacho Muñoz e Mig Seoane, membros de IGMIG
G24.gal
20/12/2024 15:19
Última actualización 20/12/2024 16:31
Os IGMIG están de volta e traen con eles 'Revolución', o seu terceiro disco que van presentar ademais nunha serie de concertos por Galicia. Unha revolución con himno propio, velutinas, galiñas, bonecas rabudas... e, sobre todo, din eles, moita liberdade.
Volven Nacho e Mig tras seis meses de traballo no estudio con músicos como Paulo Silva e Rubén Petete.