Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG apela ao "voto útil" e confía en aglutinar o electorado de esquerda o 29-N

O PSdeG apela ao "voto útil" e confía en aglutinar o electorado de esquerda o 29-N

A candidata por Lugo, Patricia Otero, confía en recuperar a confianza do electorado tras o accidente de Urda

Asegura que as enquisas "están para rompelas", e lembra que no 2023 as sondaxes daban por "amortizado" o PSOE

A cabeza de lista do PSdeG por Lugo ás eleccións xerais do 29-N, Patricia Otero, este luns nunha entrevista no 'Bos dias' da TVG
G24.gal 02/11/2026 10:01

O PSdeG-PSOE apela ao "voto útil" de cara ás vindeiras eleccións xerais do 29 de novembro e insiste en que a única alternativa real para frear un posible executivo de dereitas liderado por Alberto Núñez Feijóo coa extrema dereita de Vox como socio natural pasa por aglutinar o voto progresista no PSOE.

Nunha entrevista na TVG, a cabeza de lista por Lugo, Patricia Otero, tira de aritmética electoral e lembra que nas xerais de 2023 o PSdeG quedou na provincia luguesa a apenas 3.000 votos de conseguir o seu segundo deputado, sumando un total de 59.000 papeletas, mentres que o BNG non obtivo representación ao non alcanzar os 17.000 votos. Con estes datos na man, os socialistas aseguran que son os únicos con capacidade para frear a dereita.

"As enquisas están para rompelas"

Os socialistas son conscientes que terán que facer un esforzo extra para recuperar a confianza do electorado tras o tráxico accidente ferroviario de Urda.

Preguntada polas últimas enquisas que auguran un "castigo" ao PSOE nas urnas, a candidata por Lugo, Patricia Otero, afirma que "as enquisas están para rompelas" e, tras manifestar o apoio e solidariedade do seu partido e do Goberno coas vítimas, indicou que confían en recuperar a confianza cidadá a través do rigor na investigación. Lembra que nos comicios de 2023 as enquisas daban por amortizado o PSOE.

Os socialistas alertan sobre a transcendencia do control do Senado. Advirten que a decisión do PP de concorrer na mesma papeleta que Vox ao Senado demostra que ambas formacións políticas son "socios naturais" e comparten o mesmo ideario económico e social.

Nesta campaña, o PSOE tentará situar a vivenda e a axenda social no centro do debate, poñendo en valor as medidas adoptadas polo Goberno para tentar encarar a crise de vivenda, a suba do SMI e a revalorización das pensións. Segundo Patricia Otero, o 29-N o xogo estará entre "dereitos e dereitas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade