Cargando resultados...
Heredeiros da Crus: "O galego é o mellor para rock & roll, ten o matiz curriño e o brutal"
Herdeiros da Crus regresan con ‘Trankimasin’, 12 comprimidos receitados en caso de deficiencia sanguínea de rock
A banda inicia unha ambiciosa xira en 2025, con actuacións confirmadas en festivais como Resurrection Fest, Silfest ou Fenrock
A banda gravou este traballo a cabalo entre os emblemáticos estudios Strongroom de Londres e os estudios Nakra da Coruña
Tonhito de Poi e Javi Maneiro, dous dos Heredeiros
G24.gal
26/02/2025 14:46
Última actualización 26/02/2025 16:32
Din os Herdeiros da Crus que en caso de deficiencia sanguínea de rock dos setenta o mellor son unhas doses de 'Trankimasin', con K, o seu novo disco co que inician ademais xira.
Hoxe temos a dous dos facultativos de tal apócema: Tonhito de Poi e Javi Maneiro aquí no estudio.