Cargando resultados...
Glenn Hughes, ex Deep Purple: "Sempre estou poñéndome retos"
O que fora cantante e baixista de Deep Purple actúa este sábado en Vigo
Tocará un repertorio de cancións do mítico grupo, no 50 aniversario do disco 'Burn'
Foto: Scott Braun
G24.gal
11/05/2023 18:33
O Auditorio Mar de Vigo acolle o sábado 13 de maio un concerto de Glenn Hughes, exvocalista e baixista da mítica banda Deep Purple. Tocará exclusivamente cancións do grupo británico, aproveitando o quincuaxésimo aniversario do álbum 'Burn'.
Tito Lesende, colaborador musical do Diario Cultural da Radio Galega, ofreceunos declaracións exclusivas do músico, nun monográfico dedicado a quen é coñecido como 'A voz do rock'.