Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia despide o ano ao ritmo da San Silvestre: Búscate aquí se estiveches na da Coruña

Galicia despide o ano ao ritmo da San Silvestre: Búscate aquí se estiveches na da Coruña

Vigo, Ourense, Lugo, A Coruña, Pontevedra e Santiago de Compostela acaban o 2025 con carreiras multitudinarias

G24.gal 31/12/2025 11:48 Última actualización 31/12/2025 22:09

Galicia volve despedir o ano en movemento. Miles de persoas correron este mércores na San Silvestre, unha cita deportiva xa imprescindible desde as súas orixes en 1925, na cidade de São Paulo (O Brasil), e a súa popularización en España, en 1964, grazas ao galego Antonio Sabugueiro, creador da San Silvestre Vallecana de Madrid.

Localizacións

Nesta mañá os concellos máis madrugadores foron o de Neda e o de Tui, dando comezo ao percorrido ás 10:30 horas.

A este seguiuno Vigo, comezando ás 12:00 horas na Porta do Sol, cunha distancia aproximada de 4 quilómetros.

Máis concellos que iniciaron xa en horario matinal foron Cerceda (11:30), Ordes (12:00) ou Rábade (12:00), entre outros.

Xa pola tarde, o concello de Ourense deu o tiro de saída ás 16:00 horas na rúa do Paseo, cunha distancia máxima de 5,25 quilómetros.

Lugo a iniciou ás 16:30 saíndo do edificio principal do Club Fluvial.

A hora de inicio da da Coruña foron as 17:00, saíndo do Parrote e percorrendo 7,5 quilómetros pasando polos recunchos máis emblemáticos como o Obelisco, o Paseo Marítimo ou as inmediacións da Torre de Hércules.

En Pontevedra comezou tamén ás 17:00 horas na rúa Montero Ríos, cun percorrido de 3,9 quilómetros.

A capital galega, Santiago de Compostela, pechou a xornada, iniciando a carreira ás 17:30 horas, con saída e chegada na Praza do Obradoiro.

Así, Galicia non atopa mellor forma de pechar o ano 2025 que entre zapatillas, disfraces e sorrisos que compartiron protagonismo nunha xornada marcada por cronómetro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade