Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia festexa a entrada no 2026 con música e baile, e sen incidencias

Galicia festexa a entrada no 2026 con música e baile, e sen incidencias

As baixas temperaturas non diminuiron as ganas de festa e de celebración do ano novo

G24.gal 01/01/2026 09:21

Os galegos e as galegas entraron neste 2026 coas badaladas na Galega desde a praza do Obradorio, con moitas ganas de celebrar festa e troula. Unha festa que, para moitos, durou toda a noite e que se celebrou, alomenos, de momento non trascendeu que houbera problemas, foi unha Noitevella sen graves incidentes en toda Galicia.

Uns máis abrigados, outros menos, as baixas temperaturas non diminuiron as ganas de festa e de celebración do ano novo. Grandes e pequenos, en familia ou coas amigas, a troula inundou as cidades e vilas do país.

Para escapar da friaxe das rúas, a festa trasladouse a pubs e discotecas, onde había que facer colas coma esta pa entrar.

E entre risas e baile avanzaron as primeiras horas de 2026. Xa de madrugada, esgotadas as enerxías trala noite de farra, visita obrigada coma cada un de xaneiro ás churrarías, na busca de alimento e chocolate reconstituínte despois de horas de excesos.  

Mentres para uns é noite de festa, para moitos é noite de intenso traballo. Non só na hostalería, tamén para os taxistas, os máis buscados para volver a casa. 

Con todo, o mellor, é que 2026 arrancou sen incidencias e con festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade