1 de xaneiro, día dos propósitos
Co Aninovo reseteamos intencións e volvemos perseguir metas que case sempre fracasan
"Uff, cada vez cústame máis facer o dos propósitos, de máis novo si, faste propósitos para que o Aninovo sexa mellor, etcétera, etcétera. Xa conforme pasa o tempo como que menos, a verdade", comenta un home.
O 1 de xaneiro podería chamarse tamén o día dos propósitos porque quen máis quen menos busca neste día metas para conseguir unha versión mellorada da súa propia existencia.
"Sempre escribo o 31 escribo unha listaxe de propósitos para Aninovo". "Sempre os fas o que pasa é que van durar dous días", apuntan varias persoas.
E que é o que buscamos?
"Por exemplo sacar boas notas". "Eu deixar o tabaco polo pronto". "Este ano por exemplo me estou propoñendo levar unha dieta máis ou menos sana digamos".
O problema de moitos dos propósitos é que requiren de forza de vontade e algún que outro esforzo, e diso non andamos demasiado sobrados.
"Para aprender inglés tes que botarlle moitas horas non é aprender inglés e xa está. Por ciencia infusa non se aprende inglés"
É por iso que moitos soños quedan no camiño en canto a motivación esmorece
"Sempre van abaixo a metade deles polo menos". "Dependen dun, de ninguén máis".
É cal é a mellor forma de conseguir resultados?
"A ver eu intento que sexan reais porque senón chega o ano seguinte e dis ti non fixen nada". "Fago todo para cumprilos". "Se un ten un propósito vai estar sempre buscando ese propósito". "Eu nunca me canso eu sigo, sigo ata conseguilo, non o consigo, mala sorte pero si que vou loitalo ata o final".