Publicador de contidos

Publicador de contidos

O frío intenso marca as primeiras horas do ano, especialmente no interior do país

O frío intenso marca as primeiras horas do ano, especialmente no interior do país

A néboa e a xeada fixeron aterecer Lugo, onde as temperaturas chegaron estar baixo cero

A primeira hora da mañá coincidía a xente que acaba de erguerse coa que aínda estaba de festa ou ía de retirada

G24.gal 01/01/2026 13:12

A noite e a mañá foron xélidas en boa parte de Galicia, sobre todo no interior e nos puntos en que non levantaron as néboas mestas. En Lugo ademais xeou.

"Estou conxelada, fatal con tanto frío ou non podo máis, sostiñan en Lugo a primeira hora da mañá".

"Isto é horrible. Marcábame o coche -2 graos. Estou conxelada" explicaba unha lucense na rúa, mentres outros veciños explicaban como inflúe o factor humidade porque "ao final é o que fai que o frío nos cale ata os ósos" e fai que sexa "moi complicado de aguantar". 

Este frío intenso marcou as primeiras horas de 2026, facendo coincidir a xente que acaba de erguerse coa que aínda estaba de festa. 

"A noite fatal con tanto frío, pero moi, moi mal" aínda que "é o que toca, hai que desfrutar", sostiña unha moza a primeira hora da mañá, que ía de retirada.

Así e todo, por costume ou resignación, non todo o mundo leva o frío tan mal xa que "é o día a día lucense, hai que sobrevivir" sostiña outro dos mozos que saíu de troula. No mesmo grupo, un amigo tiraba de retranca para nega-la friaxe. Tamén houbo quen se abrigou e foino levando  "espero non estar enferma mañá", engadía unha rapaza mentres outro señor desamantado sentenciaba "os que somos de Lugo estamos acostumados a isto".

"Os que veñen de fóra igual teñen que meter unha térmica, pero os que son de Lugo saben que hai que ir co traxe e xa está".

Para o resto, a roupa de abrigo é fundamental e axuda a levar mellor as baixas temperaturas.  "Abrígaste, empezas a poñer capas, e logo quitas na casa", porque son días para levar moita roupa "unha cebola somos", bromeaba outra muller. 

"Traio gorro, braga polar, plumífero e luvas".

Ademais da casa e ao quentiño, tamén axudan a entrar en calor un chocolate e uns churros. Nisto coinciden tanto as persoas que ían de retirada, como as que se ergueron para ir buscalos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade