Galegos no Festival de Málaga e crítica de 'Priscilla' con Begoña Vázquez
Os documentais Salvaxe, salvaxe e Aurora e os filmes de ficción Tratamos demasiado bien a las mujeres e As neves participan no festival de Málaga
Priscilla, o novo filme de Sofía Ford Coppola producida pola viúva de Elvis Presley
A colaboradora de cine Begoña Vázquez comenta a participación galega no Festival de Málaga. Salvaxe, Salvaxe, de Emilio Fonseca, é un "antidocumental” de natureza que se achega a realidade do lobo ibérico en Galicia e no Norte de Portugal. Ponen cuestión o modelo de exterminio e propón novas relacións máis alá da violencia cara ao lobo.
Aurora, é un documental de Erina López e producido por Gaitafilmes. Filmaron durante máis de 10 anos a relación que se establece entre a directora do filme e unha muller do rural galego.
En longametraxes está Tratamos demasiado bien a las mujeres, de Clara Bilbao, baseada nun bestseller francés rodada e producida en Galicia con Carmen Machi e Antonio de la Torre de protagonistas.
As neves é a primeira longa de Sonia Méndez. Falada interconexión e o illamento nunha aldea da Fonsagrada en que se produce a desaparición dunha moza.
Priscilla é a última película de Sofia Coppola. Na que fala da que foi a súa muller e en paralelo a Priscilla, unha visión completamente inédita do rei do rock: sexualmente pacato no fogar, lector ávido de libros relixiosos e esotéricos, violento e adicto ás drogas dende moi novo.